InicioVigo e contornaVigoAvalancha de visitas ás Illas Atlánticas neste mes de agosto

Avalancha de visitas ás Illas Atlánticas neste mes de agosto

Quedan poucas prazas para visitar as Cíes antes de setembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Illa de Ons, a segunda con máis demanda do Parque Nacional das Illas Atlánticas, colgou o cartel de completo durante os seis primeiros días do mes de agosto e quedan menos de 300 prazas diarias para alcanzar a cota desde o domingo 7 ata o xoves 11. Tal como informou a naviera Mar de Ons, estes datos pon de manifesto que as illas atlánticas son un dos destinos máis demandados na Comunidade nos meses de verán.

“A Illa de Ons conta con espectaculares praias de area fina e augas cristalinas. Ademais, na illa pódense realizar diferentes rutas de sendeirismo nas que poder apreciar a contorna e a flora autóctona convertendo a Illa de Ons nunha das mellores opcións para gozar dun día de lecer nas Rías Baixas”, reivindicou a responsable comercial de Mar de Ons, Silvia Torres.

Pola súa banda, as Illas Cías están a piques de colgar o cartel de completo durante todo o mes de agosto, tendo prazas a partir do 28 deste mes. Este é o arquipélago máis demandado de todas as illas atlánticas.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...