InicioDeportesTui celebrará a súa tradicional andaina solidaria o próximo 14 de maio

Tui celebrará a súa tradicional andaina solidaria o próximo 14 de maio

A inscrición está aberta ata o próximo mércores ou ben ata completar as 200 prazas establecidas como máximo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O próximo sábado, 14 de maio, celebrarase a décimo oitava edición da Andaina Solidaria Tudense, un evento que foi presentado este xoves na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e o presidente do club Andatui Rego da Pedra, José Martínez Tato.

Trátase, en palabras do alcalde, dun “referente no noso calendario deportivo para moitas persoas afeccionadas a camiñar que nos visitan cada ano para participar nesta andaina”. Ademais, este ano o evento fai a súa 18 edición, unha oportunidade para “ensinar a riqueza que ten Tui e o Parque Natural do Monte Aloia”, sinalou tamén o presidente do Club AndaTui Rego da Pedra, José Martínez Tato. 

Así, está previsto que a andaina comece ás 10 horas do sábado dende a praza da Inmaculada, para realizar un tramo do Camiño Portugués, enlazar coa ruta da Pedra Santa, a Ponte das Febres, os Muíños de Paredes, a capela de San Xián, Frinxo e o Alto dos
Cubos, e regresar logo ao punto de partida. En total serán 23 quilómetros de andaina.

A inscrición está aberta ata o próximo mércores, 11 de maio, ou ben ata completar as 200 prazas establecidas como máximo. As persoas interesadas deben seguir as instrucións que figuran en www.andatui.es e abonar o prezo de 12 euros, no que se inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avitullamentos ao longo do percorrido. Os alimentos recollidos na entrega dos dorsais serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...