InicioSociedadeVigo conta 3.343 casos de Covid o día no que se cumpren...

Vigo conta 3.343 casos de Covid o día no que se cumpren dous anos de pandemia

Rexistráronse na última xornada 338 novos contaxios na área sanitaria viguesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 503.010 persoas contaxiáronse da covid-19 en Galicia desde que se detectou o primeiro caso o 4 de marzo de 2020. Ademais, neste tempo, 3.118 persoas faleceron tras ser diagnosticadas con este virus. Nas últimas horas rexistrouse por segundo día consecutivo unha repunta dos novos contaxios detectados en Galicia, ata os 1.794, cifra que motivou tamén un incremento dos casos activos, que se sitúan en 16.933 (568 infeccións máis que na última xornada).

Así se desprende dos datos publicados este venres por venres pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas do xoves, que sinalan que, tendo en conta as novas infeccións, as altas epidemiolóxicas e falecementos, en Galicia hai actualmente un total de 16.933 persoas con Covid.

Na área sanitaria de Vigo rexistráronse na última xornada 338 novos contaxios, e hai polo tanto 3.343 casos activos (53 máis). Na área da Coruña hai 3.246 enfermos (36 máis); na área de Santiago hai 3.096 infeccións activas (146 máis); na área de Lugo, os casos activos son 2.131 (90 máis); na área de Ourense subiron ata os 2.057 (122 máis); na área de Pontevedra hai 2.023 casos (128 máis); e na área de Ferrol hai 950 persoas con Covid (2 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA E FALECIDOS

Con respecto á ocupación das camas Covid nos hospitais galegos, o último informe de Sanidade reflicte un lixeiro descenso no número de enfermos ingresados en unidades convencionais, que baixa de 397 a 391, aínda que os pacientes incrasados en UCI son agora 29, un máis que hai un día. Desde o inicio da pandemia, máis de medio millón de persoas en Galicia se contaxiaron de Covid, e 483.012 superaron a enfermidade. Delas, 1.222 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas 24 horas.

Ademais, un total de 3.118 persoas faleceron desde o inicio da pandemia. Catro destas mortes, das que informou este venres o Sergas, tiveron lugar nos últimos tres días.

ÚLTIMAS

O padroado do Ifevi aproba o prego para deseñar o seu futuro plan estratéxico

O padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) aprobou este xoves por unanimidade, nunha...

Protesta pola sanción a unha traballadora que alertou dunha mala praxe nunha escola infantil

Decenas de persoas concentráronse na mañá deste xoves en Vigo tras a sanción a...

Médicos e enfermeiras alertan do colapso da Atención Primaria en Vigo: “As listas de agarda chegan aos 15 días, diga o que diga a...

Traballadores de Atención Primaria concentráronse este xoves ante o centro da saúde da rúa...

Rodman construirá tres novas patrulleiras para a Armada por 10,4 millóns

A Dirección de Xestión Económica da Xefatura de Apoio Loxístico da Armada do Ministerio...