InicioSen categorizarFeijoo propón crear en Vigo unha rúa adicada a Palacios  cando xa...

Feijoo propón crear en Vigo unha rúa adicada a Palacios  cando xa existe unha avenida

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, visitaron este sábado en Vigo unha exposición dedicada ao arquitecto Antonio Palacios, orixinario do Porriño pero que “deixou pegada en Galicia e en Madrid”, tal e como afirmou o rexedor da capital.

Durante o percorrido polo Museo do Mar de Vigo, estiveron acompañados das explicacións do comisario da mostra, o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Jesús Ángel Sánchez García, quen destacou a “fe e compromiso” de Palacios con “o futuro de Galicia”.

Nunha intervención ante as decenas de persoas que acompañaron ao presidente da Xunta e ao alcalde de Madrid na visita, Sánchez García enxalzou a obra do arquitecto homenaxeado, que se implicou “co desenvolvemento cultural” da Comunidade galega “desde diferentes frontes”.

A exposición, bautizada como ‘Antonio Palacios. Soños de modernidade, compromiso con Galicia’, configúrase como unha viaxe pola súa obra en Galicia e en Madrid, onde foi artífice de insignes edificios como o Palacio de Cibeles e o Círculo de Belas Artes.

“A monumentalidad de Madrid, sobre todo no primeiro terzo do século XX, non se pode entender sen Antonio Palacios”, subliñou, pola súa banda, Martínez-Almeida, quen tamén lembrou que o arquitecto porriñés foi responsable do deseño “arquitectónico e decorativo” do Metro da capital española, incluído o insigne logotipo do rombo que marca cada unha das entradas e saídas.

“Palacios é un arquitecto galego que en Madrid tamén sentimos o noso”, expresou o rexedor, quen por iso mesmo pediu á Xunta que a súa cidade poida contar con esta exposición en futuras datas. Feijóo, atendendo á súa demanda, asegurou que a Administración galega traballa para que así sexa.

Martínez-Almeida tamén aproveitou o seu discurso para prometer que en 2022 está disposto a “bater o cinco veces” que acudiu a Galicia este ano, así como para destacar as “relacións tan extraordinarias” que hai entre ambos os territorios: “En Madrid xa hai un colectivo cada vez máis amplo que sentimos ‘madrigallegos’”.

O lapsus do presidente Feijóo

Pola súa banda, o presidente da Xunta erixiu a Antonio Palacios como “un dos galegos máis universais”. “Se este señor, no canto de nacer no Porriño nacese en Manhattan, estou convencido de que sería unha das figuras arquitectónicas universais e permanentes”, afirmou.

Feijóo parouse especialmente nunha recreación nunha maqueta –realizada por dous estudantes e un profesor do IES Politécnico– do proxecto que tiña o arquitecto para a cidade olívica.

De haberse executato a súa idea, dixo, “probablemente” sería “unha das cidades máis belas do mundo”. En calquera caso, o presidente galego destacou obras como o Teatro García Barbón e o edificio Banca Viñas-Aranda.

O lapsus de Núñez Feijóo

O presidente tamén aproveitou para manifestar o seu desexo de que “deica pouco” os madrileños, igual que os vigueses, “poidan transitar por unha rúa co nome de Antonio Palacios”.

O que foi motivo de chascarrillo xa que a estrada de circunvalación de Vigo, dende Castrelos ata a estación de Autobuses leva o nome do homenaxeado arquitecto.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...