InicioMedio Ambiente e PatrimonioADENCO denuncia as verteduras de augas residuais no Río Tea

ADENCO denuncia as verteduras de augas residuais no Río Tea

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten presentado estes días novas denuncias por verquidos de augas residuais sen depurar desde a depuradora de Ponteareas ata o espazo protexido Río Tea.

Estas denuncias súmanse ás preto de tres ducias xa efectuadas desde o mes de novembro do ano pasado, e que teñen motivado a apertura por parte da Confederación de varios expedientes sancionadores ao concello de Ponteareas por estes feitos. Desde o colectivo ecoloxista estase a facer un seguimento dos verquidos da depuradora, con visitas case diarias aos puntos de verquido.

Alegan desde ADENCO que “seguiremos denunciando esta situación e, máis alá de sancións económicas, que pagamos todas, seguiremos insistindo na procura de solucións reais e rápidas a todos os problemas cos que conta o río Tea”.

“O espazo protexido, que conta cunha grande riqueza en fauna e flora, non pode continuar padecendo as agresións derivadas das actuacións das propias administracións públicas. Nese senso, desde ADENCO continuaremos denunciando calquera actuación agresiva co río Tea”, concluíron.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...