InicioSen categorizarA Xunta defende a minaría e os eólicos, pese ao seu fraccionamento...

A Xunta defende a minaría e os eólicos, pese ao seu fraccionamento para evitar o control medioambiental

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que Galicia é “compatible” coa minaría e a instalación de parques eólicos se se “cumpre” a normativa e se respecta o medioambiente, e demandou que o regulamento de costas sexa “participativo” e “transparente”.

Nunha entrevista concedida a RNE, recollida por Europa Press, a conselleira afirmou que “nunca hai barra libre para ningún proxecto”, xa que se debe realizar un “cumprimento estrito” das normativas, aínda que incidiu na importancia de “compaxinar” un medioambiente “saudable” cunha dinamización da economía, xa que “non se entendería Galicia totalmente despoblada”.

Ángeles Vázquez comparece nun pleno do PG, en imaxe de arquivo. XUNTA

Ángeles Vázquez comparece nun pleno do PG, en imaxe de arquivo. XUNTA

Unha afirmación que colisiona frontalmente coas denuncias que diversas asociacións ecoloxistas, ambientais e veciñais levan realizando nos últimos meses a respecto da política de man aberta da Xunta de Galicia; que, de feito, recibiu un golpe do TSXG por ter aprobado un proxecto eólico de Norvento fragmentado de xeito “irregular”, de acordo co tribunal. O obxectivo desta fragmentación, explican dende o ecoloxismo, pasa por esquivar os requisitos do estudo de impacto ambiental; xa que, ao estudar por separado partes dun proxecto –que en realidade é un só– os efectos agardados sobre a natureza son menores.

Tamén apuntou que a instalación de parques eólicos encaixa coa comunidade dada a súa aposta por esta enerxía “respectuosa co medioambiente”, pero remarcou a importancia de reducir o impacto paisaxístico, para o que lembrou que se desenvolveron as directrices correspondentes. Un día despois de que se realizase unha marcha multitudinaria en Galicia e León contra un gran proxecto eólico previsto na zona limítrofe, a conselleira explicou que se estableceron zonas de interese paisaxístico nas que non se poden instalar.

“PROTEXER EN EXCESO AO LOBO”

Noutra orde de cousas, confiou en que se alcance un acordo “consensuado” respecto da situación do lobo, que remarcou que non se atopa en perigo de extinción. De feito, afirmou que en Galicia hai un número de exemplares similar ao de toda Francia ou Portugal e apostou por non “protexer excesivamente” á especie para evitar “desproteger ao gandeiro”.

En todo caso, recalcou que en Galicia non se caza o lobo, senón que “se fan esperas cando hai unha presión moi forte nunha zona sobre as gandarías”. Así, afirmou que “protexer en exceso o lobo” podería causar a perda de razas autóctonas de vacas ou outros animais. Tamén criticou que o equipo de traballo do Goberno sobre este animal “leve anos sen reunirse”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...