InicioEconomíaA Xunta cre que a crise dos microchips non terá "repercusión negativa"...

A Xunta cre que a crise dos microchips non terá “repercusión negativa” para a fábrica de Vigo

Mallón aposta por potenciar a industria propia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, considerou que a chamada crise dos microchips, que en Galicia está a afectar especialmente ao sector da automoción, non vai ter “unha repercusión negativa ao longo do ano cos números e os datos” que ten dita industria.

Así respondeu a preguntas dos xornalistas durante unha visita á Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), en Vigo, onde recoñeceu que esta “é unha situación –de crise– a nivel internacional, pero hai que encamiñala con prudencia”.

Desta forma, remarcou que o sector da automoción “mostrou en 2020 incrementos en todos os factores: incremento do PIB, de exportacións…”. “Simplemente diría que hai que contextualizarlo”, comentou.

Pola súa banda, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, trasladou a súa confianza en que esta situación “se poida resolver canto antes”. De feito, comentou que aínda que “hai dúbidas de se se vai a arranxar isto de forma inmediata, polo menos si se prevé que non chegue máis aló do segundo semestre deste ano”.

Así as cousas, asegurou que na automoción galega hai “inquietude”, pero “está a levalo mellor que noutras” localizacións, o que achacou a “un almacenamento mellor xestionado e con máis precaución”.

Mallón apuntou que esta situación “vén demostrar a globalización da economía mundial, sexa pola covid, os microchips” ou o bloqueo da Canle de Suez. “Vén ser unha chamada de atención de que debemos potenciar a industria e ter industria nacional, que poida, na maior parte dos casos, mitigar estes posibles inconvenientes”, selou.

ÚLTIMAS

Acusacións do PP e BNG polo “engano fiscal” no recibo de lixo e reclaman bonificacións

O BNG e o PP de Vigo criticaron que o goberno local de Abel...

Nova terapia xénica do Álvaro Cunqueiro contra a hemofilia B que “cambia a historia da enfermidade”

A terapia génica administrada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a un paciente con...

Unha persoa detida nun operativo antidrogas na contorna da rúa Aragón en Vigo

Polo menos unha persoa foi detida nun operativo antidrogas desenvolvido por axentes da Policía...

Confirmados sete anos de cárcere ao autor dunha agresión sexual a outro en Vigo

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección quinta...