InicioSucesosDetidos tres veciños de Cangas por furtar 13.000 euros dunha furgoneta de...

Detidos tres veciños de Cangas por furtar 13.000 euros dunha furgoneta de traballo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a tres novos, veciños de Cangas, polo furto de 13.000 euros, subtraídos no interior dunha furgoneta. O vehículo estaba estacionado coas portas sen pechar con chave nunha céntrica rúa da localidade.

Os feitos sucederon o día 31 do pasado mes de maio cando o propietario da furgoneta, un empresario da construción, deixou o vehículo estacionado nunha céntrica rúa da localidade para descargar material.

Ao finalizar a tarefa ausentouse durante un breve espazo de tempo e deixou o vehículo coas portas sen pechar con chave e ao regresar decatouse de que lle faltaba un bolso que tiña no vehículo con 13.000 euros en efectivo que, segundo manifestou na súa denuncia, estaban destinados para pagar as facturas do material e as nóminas dos seus empregados.

A raíz das indagacións realizadas polo Equipo de Policía Xudicial e a área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Cangas, ese mesmo día pola tarde abriuse unha liña de investigación para a localización dos presuntos autores que a tenor dos testemuños recolleitos poderían tratarse dunha parella de mozas que residían nunha vivenda deshabitada nas aforas da localidade de Cangas.

O día seguinte obtéñense os primeiros resultados da que pasou a denominarse operación NARPI, localizando á parella cando estaban aloxados nun establecemento hoteleiro de Poio. Estaban acompañados doutro varón que tamén se incluíu na lista de sospeitosos.

A hipótese da posible vinculación destas tres persoas coa subtracción do diñeiro refórzase a raíz das investigacións realizadas ao comprobar o ritmo de vida que levaron durante os tres días que estiveron aloxados en Poio, efectuando gastos superiores aos seus medios económicos.

Por iso, unha vez obtidos os indicios suficientes e tras regresar a parella ao seu domicilio habitual en Cangas, ambos foron detidos poucos días despois cando saían da vivenda, incautándoselles 2.100 euros en metálico que levaban consigo.

Horas máis tarde foi detido, tamén en Cangas, o terceiro sospeitoso como colaborador
necesario na comisión do furto. As investigacións non concluíron ata que días despois volveuse a localizar á parella aloxada, nesta ocasión, nun hotel de Cangas.

Esta circunstancia puxo en evidencia que tiñan máis diñeiro no seu poder posibilitando a recuperación doutros 4.000 euros que estaban escondidos no domicilio dos pais dun
dos detidos.

Por estes feitos instruíronse dilixencias, que foron entregadas no Xulgado de garda dos de Cangas do Morrazo, quedando os detidos en liberdade con obrigación de comparecer cando sexan requiridos para iso pola Autoridade Xudicial.

ÚLTIMAS

Caballero repite que a cidade está fóra do Mundial por Louzán: “É antiVigo desde que o botamos da Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este venres contra Rafael Louzán, presidente...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os...

Desacordos “estratéxicos” fixeron que Tavares saíse de maneira “amigable” de Stellantis

O exconselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, volveu a falar tras a súa saída...

Detida unha muller en Vigo por non pagar un desprazamento en taxi e que tiña pendente unha orde de arresto

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 45 anos de...