InicioSociedadeA Xunta ve o Álvaro Cunqueiro con "marxe suficiente" pese ao aumento...

A Xunta ve o Álvaro Cunqueiro con “marxe suficiente” pese ao aumento da presión hospitalaria

Julio García Comesaña visitou a UCI, a Unidade de Coidados Respiratorios Intermedios e a Unidade PostCovid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou este mércores que a área sanitaria de Vigo, a que ten máis casos activos de COVID-19 (2.317), dispón dunha “estrutura adecuada e ben dimensionada” en recursos humanos e técnicos, “para seguir dando resposta ás necesidades sanitarias da poboación” nesta pandemia.

Así o trasladou tras realizar unha visita a diversas unidades do Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, na que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Javier Ponte.

O conselleiro expresou a súa “confianza” no sistema público de saúde e, concretamente, “na solidez do Álvaro Cunqueiro” para seguir facendo fronte á pandemia. Así, aínda que admitiu que nos últimos días “xa empezou a incrementarse a presión asistencial“, este hospital “ten capacidade e marxe suficiente para seguir atendendo pacientes, tanto críticos como de hospitalización convencional, nas mellores condicións”.

O titular de Sanidade visitou a Unidade de Coidados Intensivos, que dispón de 15 boxes destinados en exclusiva a pacientes con coronavirus (cando están completos, o plan de continxencia contempla camas na unidade de Reanimación). Pola UCI do Álvaro Cunqueiro pasaron 79 pacientes con COVID-19, dos que seis faleceron.

O conselleiro eloxiou o traballo dos profesionais desta unidade, que dispón de equipos de ventilación de altas prestacións, e tamén puxo en valor a dedicación e capacidade do resto de traballadores doutras unidades, que “demostraron a súa capacidade de mobilización e de adaptación ás diferentes situacións nun contexto difícil e imprevisible”.

García Comesaña tamén estivo na Unidade de Coidados Respiratorios Intermedios (UCRI) que se puxo en marcha recentemente, e que conta con 4 pacientes ingresados. Esta unidade está destinada a persoas con COVID que, aínda que non precisan estar en UCI, requiren coidados especializados, e reciben terapia con soportes respiratorios non invasivos.

O conselleiro destacou o “alto nivel tecnolóxico” desta unidade, que permite a monitorización integral de 10 camas, cun sistema de toma de constantes de forma automática que mellora os circuítos e procesos, e aumenta a seguridade de pacientes e persoal.

UNIDADE POSTCOVID

Por último, visitou a Unidade PostCovid, que se puxo en funcionamento en marzo pasado para estudar as posibles secuelas das pneumonías graves causadas polo SARS-CoV-2. Esta unidade realiza o seguimento de pacientes aos 3 e aos 12 meses de ser dados de alta hospitalaria.

Segundo lembraron fontes de Sanidade, estes enfermos reciben a alta tras períodos prolongados en UCI e a súa situación clínica é impredicible, con risco de complicacións e reingresos provocados por descompensaciones respiratorias e cardiovasculares.

Na Unidade PostCovid atendeuse, ata o momento, a 300 pacientes (da primeira onda da pandemia) de forma ambulatoria. Máis da metade deles continúan con síntomas tres meses despois de recibir a alta, aínda que a maior parte deles padecen secuelas leves e vanse recuperando paulatinamente.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Mar remata as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo para avaliar o impacto dos temporais e da baixada da salinidade

A Consellería do Mar concluirá este venres as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...