InicioSucesosUn empresario de Redondela é denunciado por disparar a un gato cunha...

Un empresario de Redondela é denunciado por disparar a un gato cunha arma de caza

O animal perdeu a mobilidade dun dunha das súas patas dianteiras e un ollo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil está a investigar un delito de maltrato animal presuntamente cometido por un empresario de Redondela en Fornelos de Montes. Segundo a denuncia, se lle acusa de disparar sobre unha gato doméstica cunha arma de caza, utilizando munición ilegal e nunha zona de vivendas. O animal, que xa perdeu un ollo e a mobilidade nunha das súas patas dianteiras, atópase hospitalizada de urxencia dende o venres.

O denunciado reside habitualmente no municipio de Redondela, onde posúe unha empresa, pero durante os períodos de vacacións e os fins de semanas reside na finca de Fornelos de Montes onde se produciron os feitos.

Segundo a denuncia, sobre as 11 da noite do xoves, un veciño da localidade pontevedresa atopou á súa mascota sangrando na porta da súa vivenda. O animal non reaccionaba a ningún estímulo. Segundo o informe do veterinario, ingresou a primeira hora do venres nun estado moi crítico. Tiña unha grande ferida de bala na súa pata dianteira dereita e múltiples traumatismos causados pola metralla do proxectil de fragmentación. Unha das partes desprendidas atravesoulle o cranio aloxándose no seu ollo dereito que rematou perdendo.

Os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil ese mesmo día, polo que se abriron as dilixencias oportunas e se comezaron a recoller as testemuñas dos veciños, algúns dos cales afirmaron estar presentes en varias ocasións nas que o denunciado disparaba sobre diferentes animais dende a súa propia casa, situada nunha zona residencial rodeada de vivendas.

O agraviado tamén denunciou que, como consecuencia da traumática experiencia de ter que trasladar á súa mascota ao centro veterinario nesas circunstancias, tivo que ser ingresado no hospital por mor dunha crise de ansiedade pola que precisou tratamento médico: “Conducir corenta quilómetros cun ser da túa familia así nos teus brazos é algo que non lle desexo a ninguén”, laméntase. Tamén afirmou que esta é a cuarta mascota á que lle dispara o empresario redondelán. Nas anteriores ocasións indica non puido recuperar o animal co impacto de bala nin conseguir testemuñas.

O denunciado alega que os animais entran na súa propiedade polos coellos que el mesmo cría en liberdade para adestrar os seus cans, aínda que nega os feitos dicindo que el simplemente “os captura e os abandona en Ponte Caldelas”. Unha versión que confronta co que se lle acusa na denuncia.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a "inxusta e inxustificada"...