InicioSociedadeA CIG denuncia a saturación asistencial dos centros de saúde da Guarda...

A CIG denuncia a saturación asistencial dos centros de saúde da Guarda e o Rosal

"O aumento de necesidades derivado do aumento de poboación non se ve reforzado e incluso se contan con moitos menos efectivos. É evidente que dar a mesma calidade asistencial con menos efectivos non é posible", aseguran dende o sindicato.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A penas acaba de iniciar o período estival e esta zona, que ten un aumento exponencial de poboación por mor do turismo, xa conta en algúns dos cupos médicos con máis dunha semana de agarda para unha cita ordinaria no centro de Saúde da Guarda e preto xa de dúas nalgún cupo do Rosal, denuncian dende a CIG-Saúde. Esta situación, comentan, prodúcese pola falta de cobertura de vacacións e baixas.

A isto debe sumarse a situación do PAC, que xa teñen denunciado as propias traballadoras, posto que conta cun só equipo asistencial médica-enfermeira para as
urxencias que se xeran na Guarda, O Rosal e Oia. O incremento de traballo neste
servizo no verán é importante debido ao aumento de poboación e derivado tamén destas listas de espera en atención primaria. A situación, critican dende o sindicato, faise aínda máis grave cando o único equipo sanitario da zona se ausencia por mais de dúas horas en caso de ter que atender a algún paciente durante o traslado en ambulancia ata o hospital de referencia.

“O aumento de necesidades derivado do aumento de poboación non se ve reforzado e
incluso se contan con moitos menos efectivos. É evidente que dar a mesma calidade
asistencial con menos efectivos non é posible”, aseguran. Por iso, instan ao Sergas a tomar medidas urxentes con respecto ás políticas de persoal con convocatorias de OPE que cubran o 100% das xubilacións xeradas nos últimos anos e con incrementos reais dos cadros de persoal para rematar coa precariedade do persoal.

CIG-Saúde recorda que esta situación estase a dar con dous conflitos abertos nestes momentos entre o SERGAS e Atención Primaria e cunha Folga nos PACS que xa supera
os 6 meses e sen unha vontade de resolución por parte da Administración. “É necesario escoitar as traballadoras e deixar de facer políticas que dan as costas ás necesidades de saúde das nosas doentes”.

ÚLTIMAS

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o pasado domingo

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo,...

O BNG de Vigo denuncia “precariedade” na agrupación de Protección Civil e pide “solucións urxentes”

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, demandou ao goberno local...

O acusado de agredir dúas mozas en Vigo nega os feitos e as vítimas aseguran que estaban en “shock”

Un acusado de agredir sexualmente a dous mozos en Vigo desmentiu os feitos nunha...