InicioSociedadeAs Urxencias Extrahospitalarias anuncian folga indefinida e acusan ao Sergas de falta...

As Urxencias Extrahospitalarias anuncian folga indefinida e acusan ao Sergas de falta de planificación e diálogo

Os PAC subliñan a "incompetencia" da Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Desde hoxe luns 7 de xaneiro de 2019 os PAC´s (Puntos de Atención Continuada) inician unha folga indefinida, xa que “despois de múltiples intentos de diálogo co SERGAS e dúas folgas parciais seguimos sen ningún achegamento por parte da Administración”.

Os PAC son, en palabras do mesmo Sergas, “un recurso do Servizo Galego de Saúde orientado a garantir unha asistencia sanitaria permanente e ininterrumpida, para poder atender en cualquera momento as demandas asistenciais que puideran producirse. Os PAC, ou tamén Urxencias Extrahospitalarias, teñen unha alta capacidade resolutiva”. Na EOXI de Vigo hai un total de 10 Puntos de Atención Continuada.

O Comité de Folga non fóra convocado durante este período “para negociar unha saída ao conflito”, subliñan os sindicatos. As peticións do colectivo seguen a ser os mesmos: “A retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos enfermaría-médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo que desenvolvemos ou un cómputo de xornada correcto onde os permisos e as baixas nos compute neutro a efectos de xornada…”

Segundo datos publicados pola Consellaría, “no ano 2017 atendéronse máis de 1.548.000 urxencias nos 90 PAC de Galiza; 767.000 nos seis primeiros meses de 2018” e resaltan o “alto índice de resolución, de máis do 90% sen necesidade de derivación hospitalaria”.

“Malia aumentar a actividade asistencial, os PAC non están ben dotados e os equipos sanitarios son mínimos”, destacan: “A incompetencia da Xunta na sanidade galega é un problema que non se pode esconder máis. Son numerosos os colectivos de traballadores/as e usuarios/as que seguimos denunciando publicamente o estado precario da sanidade nomeadamente en primaria: as listas de espera, os problemas de derivación a consultas de especializada, a falta de medios, a escaseza de persoal contratado ou o material inaxeitado”.

“A Administración, coas súas declaracións de “facemos o que podemos”, recoñece de forma totalmente irresponsábel o que levamos meses denunciando: que hai unha enorme falta de planificación que se foi paliando grazas a implicación e responsabilidade das traballadoras/es”, subliñan desde os PAC.

ÚLTIMAS

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o pasado domingo

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo,...

O BNG de Vigo denuncia “precariedade” na agrupación de Protección Civil e pide “solucións urxentes”

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, demandou ao goberno local...

O acusado de agredir dúas mozas en Vigo nega os feitos e as vítimas aseguran que estaban en “shock”

Un acusado de agredir sexualmente a dous mozos en Vigo desmentiu os feitos nunha...