InicioCulturaO festival Sinsal busca reducir o seu "rastro" centralizando a recollida de...

O festival Sinsal busca reducir o seu “rastro” centralizando a recollida de residuos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Coa idea de reducir a pegada que xera a organización de eventos, o festival SinSal SON Estrela Galicia eliminará as papeleiras da illa de San Simón, onde a recollida de residuos ao longo dos días do certame centralizarase nun único punto.

O festival que se celebrará do 26 ao 28 de xullo na illa da ría de Vigo lanza na súa edición deste ano a iniciativa ‘sinsalsenrastro’, coa que pretende concienciar e facer partícipe aos asistentes ao evento da necesidade de comprometerse coa redución do consumo de residuos.

Ademais de tomar a decisión de prescindir da instalación de papeleiras, a organización anima ao público que se achegará á illa nos barcos (para os que xa non hai billetes, esgotados en poucas horas tras ser postos á venda a comezos de maio) a acudir co seu propio ‘kit festivalero’ composto por vaso, prato ou a vaixela que crean necesario utilizar durante a súa estancia en San Simón.

Todo para tratar de que o que chega co público ao enclave da ría viguesa poida regresar a terra con eles, partindo do principio de que “o mellor residuo é aquel que non se xera”, como resalta o equipo encargado de preparar unha nova edición do festival que ten entre os seus alicientes o absoluto segredo sobre as propostas que se subirán ao escenario.

En todo caso, tamén haberá a vaixela reutilizable do festival, que este ano suma cuencos e panos de mesa de tea ás copas, vasos e pratos de plástico. Así mesmo, os residuos alleos ao evento (é dicir, aqueles envases ou alimentos non proporcionados polo festival, así como cabichas ou outros tipos de materiais) deberán saír da illa coas persoas que os xeraron.

De feito, os fumadores deberán viaxar a San Simón cun cinceiro portátil que se poderá baleirar ao regreso ao litoral e só poderá consumirse tabaco nas zonas acoutadas para iso.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo promete “o maior cadro de bombeiros da súa historia” no outono ante críticas por “falta de persoal”

O goberno de Vigo asegurou que o Concello está a incorporar novos profesionais de...

Os traballadores de Lugove manteñen a folga e acusan a empresa de rexeitar a negociación

O conflito laboral en Lugove, concesionaria do transporte público interurbano que conecta Vigo co...

Peinador “non vai tan mal” di Abel Caballero que reclama as mesmas axudas que recibe Santiago

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que Peinador "non vai tan...

Mantense a prohibición de baño na praia da Punta tras unha nova analítica

O Concello de Vigo mantén a prohibición de bañarse na praia da Punta, situada...