InicioSen categorizarActo "in memoriam" do profesor José Pazos na UVigo

Acto “in memoriam” do profesor José Pazos na UVigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidade de Vigo celebran este xoves, 2 de maio, un acto “in memoriam” do profesor José J. Pazos Arias, falecido o pasado mes de decembro. Era académico numerario da RAGC e catedrático de Enxeñaría Telemática da UVigo. O evento terá lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da institución viguesa, a partir das 13:00 horas.

O acto abrirao o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa. Participarán ademais o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema; a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Rebeca Díaz; o director do Centro atlanTTic da UVigo, Martín Llamas; o académico da RAGC Pedro Merino; Martín López, catedrático do Departamento de Enxeñaría Telemática da UVigo; e Fernando Pérez, catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e as Comunicacións da UVigo e académico da RAGC. Unha vez clausurado o acto, colocarase unha placa no exterior da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e plantarase un olivo en memoria do profesor homenaxeado, coa presenza da súa familia.

LONGA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Natural do concello pontevedrés de Baiona, José Pazos era enxeñeiro de telecomunicación pola Universidad Politécnica de Madrid e doutor enxeñeiro de Telecomunicación polo Departamento de Enxeñería de Sistemas Telemáticos da mesma universidade. Catedrático de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo, foi director e fundador do Grupo de Servizos para a Sociedade da Información da UVigo.
 
Centrou a súa actividade investigadora no desenvolvemento de tecnoloxías coas que facer un uso eficaz do crecente volume de información xerada e dispoñible en liña, en numerosos dominios de aplicación das TIC. Foi autor de máis de 200 artigos en revistas, conferencias e publicacións do eido internacional. Foi subdirector da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo e director do Departamento de Enxeñería Telemática da mesma universidade, ademais de director da Área de Novas Tecnoloxías.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...