InicioSen categorizarMoaña ten unha cita co Regueifa Tour polo 8M

Moaña ten unha cita co Regueifa Tour polo 8M

Será ás 17:30h na Casa da Mocidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Regueifeiras da Semente chegan a Moaña coa súa xira ‘O Regueifa Tour’ que comezou en setembro en Vigo e continuou no Courel, Vilalba, Vila de Cruces, Viana do Bolo e, en no País Vasco, en Lekeitio, Derio e Donosti. Desta forma levaron a regueifa por distintos locais onde se reune a mocidade para realizar estas rimas improvisadas, fóra do horario escolar.

Este 8 de marzo, ás 17:30, O Regueifa Tour fai parada en Moaña, dentro das actividades feministas do Concello, na Casa da Mocidade. Participarán no evento as improvisadoras Sara Marchena e Tegra do Courel, acompañando ás Regueifeiras da Semente.

AS REGUEIFEIRAS DA SEMENTE

As Regueifeiras da Semente son catro rapazas de entre 11 e 14 anos que regueifan desde sempre: son regueifeiras nativas, aprenderon a regueifar ao mesmo tempo que a falar. Reúnense un dia á semana para regueifar, como atividade extraescolar na Escola de Regueifa da Semente, en Compostela.

Teñen actuado en dúcias de festas e festivais, como a Regueifesta, o Enreguéifate, o Festival de Pardiñas, o Festival de Repentismo de Madeira, o Festival Internacional de Verso Popular- Festcordel, en Abanca, Portugal, a Escola de Regueifa de Carballo ou en cursos de formación de profesorado do CFR. En 2023 participaron na serie documental sobre regueifa “Regueifa – Freestyle” de Nós Televisión.

O espectáculo contén desde regueifa tradicional até novas influencias como bases eletrónicas, xogos de humor, temas vinculados aos movimentos sociais como, neste caso, o feminismo. 

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...