InicioPolíticaO ex conselleiro de Sanidade, que saíu pola porta de atrás, volve...

O ex conselleiro de Sanidade, que saíu pola porta de atrás, volve á batalla política local

A cúpula do PPdeG, encabezada polo líder autonómico, Alfonso Rueda, e pola secretaria xeral, Paula Prado, e tamén os principais dirixentes da formación provincial, desprazaranse na tarde deste mércores para arroupalo na súa presentación oficial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cúpula do PPdeG, encabezada polo líder autonómico, Alfonso Rueda, e pola secretaria xeral, Paula Prado, e tamén os principais dirixentes da formación provincial, desprazaranse na tarde deste mércores a Baiona para facer oficial que o exconselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña será o candidato na súa localidade natal nas próximas eleccións municipais.

Almuiña foi alcalde de Baiona durante máis dunha década, entre os anos 2004 e 2015. Deixou o posto para asumir, con Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta, a Consellería de Sanidade.

Cinco anos despois, en setembro, tras as eleccións autonómicas de 2020 e a xestión da fase inicial da pandemia, Feijóo confirmou a súa substitución por Julio García Comesaña. Entón, o presidente confesou que fora o propio Almuiña o que pediu o recambio.

Apenas uns meses despois, o que agora, segundo fontes populares consultadas por Europa Press, volverá pugnar pola Alcaldía dunha localidade electoral clave no Val Miñortomou as rendas do Porto de Vigo (cargo no que substituíu a Enrique López Veiga e no que está na actualidade).

Tanto Rueda como Prado, así como o presidente do PP pontevedrés, Luís López, e a secretaria provincial, Luisa Piñeiro, acompañarán na tarde deste mércores a Almuiña na súa presentación como aspirante en Baiona, onde o PP foi desbancado nos últimos comicios de 2019 ao sumar o bloque da esquerda para conformar un goberno que dirixe o socialista Carlos Gómez, con BNG e Nós como socios.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...