InicioPolíticaFormoso: "Na provincia de Pontevedra hai 1.800 coidadores non profesionais, persoas que...

Formoso: “Na provincia de Pontevedra hai 1.800 coidadores non profesionais, persoas que renuncian á súa vida para coidar aos seus achegados”

O secretario xeral do Partido Socialista Galego, Valentín González Formoso, reivindicou este mércores en Vigo, durante a súa visita á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia as axudas e o compromiso do Goberno de España cos coidadores de persoas dependentes

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do Partido Socialista Galego (PSdeG), Valentín González Formoso, reivindicou este mércores, en Vigo, durante a súa visita á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (Afaga), as axudas e o compromiso do Goberno de España cos coidadores de persoas dependentes.

Formoso puido coñecer de primeira man tanto as instalacións de Afaga como as demandas das persoas dependentes e as súas familias, e destacou a importancia que as políticas de protección social e de traballo realizado polo Goberno de Pedro Sánchez tiveron nos coidadores.

Nesta mesma liña, o líder dos socialistas galegos resaltou que as accións da Administración central “permiten axudar ás persoas dependentes e aos seus familiares recuperando a cotización á seguridade social a cargo do Estado dos ‘coidadores non profesionais’, persoas que teñen que renunciar á súa vida para coidar aos seus achegados”. “Na provincia de Pontevedra hai ata 1.800 coidadores non profesionais“, cifrou Formoso, quen engadiu que “o Goberno tamén se compromete a actualizar as súas bases de cotizacións de forma anual“.

Así mesmo, Formoso incidiu na “importancia do traballo destes coidadores”, non sen antes lembrar que o anterior Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy, retirou o pago desta cotización de forma “dura”. “Isto supuxo o abandono dos 70.500 enfermos de Alzheimer en Galicia e os seus familiares“, criticou.

Pola súa banda, o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez Fernández, agradeceu a visita do dirixente socialista. Ademais, Rodríguez alertou da urxencia de loitar contra o Alzheimer e a necesidade de que “volva estar na axenda política”.

ÚLTIMAS

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...