InicioPolíticaA Xunta tras o cambio de sede do IEO por un foro...

A Xunta tras o cambio de sede do IEO por un foro de Pesca: “É unha falta de respecto do Goberno a Vigo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, cualificou de “decepcionante” a visita deste luns á cidade da ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, e lamentou que o Goberno “falte ao respecto” á urbe olívica ao cambiar a sede do Instituto Español de Oceanografía (IEO) por un foro de pesca.

“Esperabamos que a ministra viñese a darnos boas noticias a Vigo e anunciase que a cidade será sede do IEO, pero en lugar diso ofrécenos un foro que ata o momento non ten organigrama, estratexia definida, nin data concreta para a súa convocatoria”, lamentou Fernández-Tapias, referíndose a a anunciada mesa permanente da ciencia e da pesca.

A representante autonómica lembrou as palabras do alcalde, Abel Caballero, que asegurou que mediaría co Executivo para lograr o recoñecemento que se merece Vigo e mesmo chegou a asegurar que estaba “moi esperanzado” coa concesión da sede do IEO.

“En lugar diso asistimos a unha cortina de fume, unha escusa para obviar a realidade e o problema que atravesa o IEO e a decisión unilateral de desmembralo e deixar a Galicia sen opcións de acollelo por unha mera decisión política”, insistiu. A delegada subliñou que é unha nova “falta de respecto” a Galicia e a Vigo, ademais da o sector marítimo-pesqueiro, aos centros e ao persoal do IEO na Comunidade.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...