InicioPolíticaA Xunta adia o pago da multa de 4 millóns polas deficiencias...

A Xunta adia o pago da multa de 4 millóns polas deficiencias na depuradora de Vigo

Pediu máis información ao Tribunal Supremo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia lembrou que pediu ao Tribunal Supremo que aclare a sentenza que obriga a pagar catro millóns de euros por deficiencias na depuración de augas en Vigo e Ribeira que afectaban a senllas rías.

Preguntada respecto diso nunha rolda de prensa ofrecida este venres, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asegurou que esa sentenza se corresponde con dúas obras, a depuradora de Ribeira e a depuradora de Vigo, que fixo “Aquaes a través do Goberno de España”.

“Están executadas xa desde o ano 2017 e o Goberno de España, cando se iniciou este procedemento recoñeceu que era a súa competencia e que era a súa responsabilidade porque executou as obras”, sostivo a conselleira, que se mostrou “sorprendida” do “cambio de criteiro” polo “cambio de goberno”.

“Cambia o goberno e de súpeto indica que a responsabilidade é da comunidade autónoma sendo, ademais, depuradoras municipais que unicamente se declararon de interese da comunidade autónoma para conseguir fondos europeos”, explicou. “A responsabilidade hai que buscala nese cambio de criterio que non entendemos nin compartimos do Goberno de España”, afirmou a conselleira.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...