InicioPolíticaCaballero denuncia "malos tratos" da Xunta a Vigo por habilitar "só dous"...

Caballero denuncia “malos tratos” da Xunta a Vigo por habilitar “só dous” puntos de test de antíxenos

"Na área da Coruña hai 4, en Santiago-A Barbanza hai 6, en Ourense 3, en Lugo 7 e en Pontevedra 5. En Vigo, 2", recorda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este martes os “malos tratos” da Xunta á cidade, por habilitar “só dous” puntos de realización de test de antíxenos para a detección da Covid para toda a área sanitaria.

Caballero lamentou que, dos 52 puntos de realización de probas en toda Galicia, entre fixos e itinerantes, a área viguesa só conta con dous e advertiu de que, “tendo en conta” a poboación da zona, “corresponderíanlle 4 ou 5”. “Na área da Coruña hai 4, en Santiago-A Barbanza hai 6, en Ourense 3, en Lugo 7 e en Pontevedra 5. En Vigo, 2. Segue os malos tratos á cidade”, criticou.

Caballero tamén estendeu as críticas á xestión que o Sergas fai da Atención Primaria, e felicitou aos profesionais “por non facer caso ás indicacións do conselleiro” para restrinxir a súa actividade, durante algúns días da pasada semana, só a consultas Covid e urxencias. “O seu comportamento foi exemplar”, subliñou o alcalde, quen lamentou que “a Xunta non contrata xente, e estase aforrando diñeiro á conta da Atención Primaria”.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...