InicioPolíticaO PSOE do Porriño negociará con EU-SON para manter o poder municipal

O PSOE do Porriño negociará con EU-SON para manter o poder municipal

A alcaldesa xa anunciou que deixará o cargo para evitar unha moción de censura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A agrupación socialista do Porriño pechou filas este mércores ao redor da alcaldesa desta localidade, Eva García da Torre, e expresou a súa disposición a negociar con EU-SON para evitar unha moción de censura que dea o goberno local ao PP, aínda que advertiu de que o fará sen porse “de xeonllos”, á vez que defendeu que a rexedora poida manter a súa acta de concelleira aínda que se aparte da Alcaldía.

Nunha rolda de prensa, na que tamén participou a propia García da Torre, a secretaria xeral da agrupación, Soidade Girón, trasladou o apoio “incondicional” do partido á alcaldesa, de quen eloxiou o seu “acto de xenerosidade” ao estar disposta a “apartarse ao carón” para evitar que a dereita chegue ao goberno do Porriño.

Girón sinalou que, dado ese paso, agora “a pelota está no tellado de EU-SON” e deben sentar a negociar, pero advertiu de que esas conversacións deben facerse sen imposicións. “Todos temos que estar dispostos a perder”, afirmou e insistiu en que o PSOE porriñés está aberto ao diálogo “pero xamais a que o sometan”.

Con estas palabras, a dirixente socialista local reafirmou a posición do seu partido, que rexeita a esixencia de EU-SON de que García da Torre deixe a Alcalía pero tamén a súa acta de concelleira e abandone a Corporación.

Soidade Girón, que comparou o “linchamento” á alcaldesa co ocorrido en Ourense cando Rafael Villarino se ofreceu a facerse ao carón para facilitar unha censura contra Jácome, criticou que EU-SON pretenda impor “liñas vermellas” por unha “inquina persoal” da concelleira Patricia Sío contra Eva García, e lembrou que foron os votantes os que levaron á socialista ao Concello.

 

ÚLTIMAS

As patronais do metal plantan a negociación en Pontevedra ante unha protesta sindical en Vigo

As patronais do sector do metal (Asime, Atra e Instalectra) decidiron non acudir á...

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

O Porto de Vigo retira os terreos do antigo Vulcano a Estaleiros San Enrique tras caducar a súa concesión

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo resolveu por unanimidade o expediente...

Mos ameaza con ir aos tribunais polo abandono da A-55 e da N-550

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres a formulación dun requirimento...