InicioPolíticaMarea de Vigo pide manter a Mancomunidade "se non hai vontade de...

Marea de Vigo pide manter a Mancomunidade “se non hai vontade de constituír a área metropolitana”

Considera que os fondos europeos para a recuperación postcovid poden ser unha "oportunidade" para mancomunar servizos públicos agora externalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo pediu este luns manter a Mancomunidade da área Intermunicipal de Vigo, “se non hai vontade de constituír a área Metropolitana”, e dotala de contido “orientado ao papel das entidades locais e supralocais na xestión de servizos públicos”.

O portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, lembrou que “a frustrada constitución” da área Metropolitana (cuxa posta en marcha quedou paralizada polos tribunais) deixou aos concellos sen un mecanismo para organizar servizos públicos supramunicipais “e sen espazo de diálogo entre concellos limítrofes”.

Por iso pediu que non se disolva a Mancomunidade, especialmente no actual contexto no que haberá fondos europeos para a recuperación postcovid, que poden ser unha “oportunidade” para mancomunar servizos públicos agora externalizados e prestados por empresas concesionarias.

Pérez Correa lamentou que a Mancomunidade actualmente “vive nun limbo, entre a vontade declarada polo presidente do ente, Abel Caballero, que defende a disolución ata a súa desaparación no momento de constitución da futura Área Metrolitana, e a existencia de determinados servizos que segue ofertando (asesoramento a empresas, plans de garantía xuvenil, plans de emprego, etc.)”.

Marea de Vigo sinalou que eses servizos poden complementarse con “verdadeiras” actuacións supramunicipais, xestión de servizos mancomunados e “mesmo contar coa posibilidade de ser un organismo que capte fondos europeos”.

En todo caso, e aínda constituíndose a área Metropolitana, Pérez Correa defendeu a necesidade de “abrir o debate do órgano mancomunado” porque podería chegar a ser unha “ferramenta útil” á hora de planificar servizos públicos compartidos.

Respecto diso, insistiu en que non debe disolverse a Mancomunidade porque agora “non hai un espazo de traballo conxunto dos concellos”, e instou a PP e PSdeG a non usar este organismo como “instrumento partidista”.

ÚLTIMAS

Evacuada unha pasaxeira ferida do buque oceanográfico vigués Sarmiento de Gamboa

Unha persoa que navegaba no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa resultou ferida mentres realizaba...

Vigo reclamará a Audasa máis de 138.000 euros polo IBI da AP-9

O Concello de Vigo reclamará á concesionaria da AP-9, Audasa, o pagamento de 138.345...

O TSXG revisa este luns a condena de 13 anos e medio polo crime de Coia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebrará...

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...