InicioPolíticaDenuncian a repartición "inxusta" de 4 millóns de euros para infraestruturas entre...

Denuncian a repartición “inxusta” de 4 millóns de euros para infraestruturas entre os concellos galegos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O venres 4 de maio saíu no Documento Oficial de Galicia (DOG) unha liña de axudas de máis de 4 millóns de euros dirixida aos concellos galegos para a creación ou mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia.

Ditas axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, adxudicáronse en estrito orde de rexistro ata esgotar o crédito dispoñible. “Pero as devanditas axudas remataron 12 minutos despois de saír a convocatoria para a presentación de solicitudes”, subliña Xosé Luis Jácome, deputado de En Marea.

“É evidente que este sistema de adxudicacións é, canto menos, inxusto, ademais o contexto deste reparto de subvencións dá a pensar”, segundo o deputado Xosé Lois Jácome, “de que canto menos algúns dos concellos que accederon ás axudas eran concellos previamente avisados, xa que as solicitudes tiñan que ir acompañadas de diversa documentación”. Polo tanto, selou: “Haberá que ver se é casualidade a cor política dos municipios que acadaron estas subvencións”.

Aínda así, o deputado provincial advirte que “independentemente da cor política destes concellos, é evidente que este sistema non favorece a igualdade entra a cidadanía da provincia de Pontevedra e de todo o país”, pois “as subvencións non poden ser un reparto que se fai nunha carreira de atletismo, onde o concello que chega primeiro gaña a subvención, máis alá de cal sexa a necesidade real do proxecto”.

Pero engadiu tamén que “se para máis escándalo, resultase confirmado que todos, ou unha gran maioría dos concellos están gobernados polo PP, quedaría confirmado que isto non son máis que subvencións para unha precampaña electoral, usando os cartos de todas para lucimento de concellos do mesmo partido que Feijóo”, apuntaba Xosé Lois Jácome este venres.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...