InicioPolíticaCaballero volvería gobernar Vigo con maioría absoluta, segundo unha nova enquisa

Caballero volvería gobernar Vigo con maioría absoluta, segundo unha nova enquisa

O PSOE conseguiría 19 concelleiros, o PP seguiría con catro, e o BNG e Marea lograrían dous cada un.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol, seis das sete grandes cidades galegas, continuarían cos seus respectivos alcaldes se se celebrasen agora eleccións municipais, segundo unha enquisa elaborada por Sondaxe para ‘La Voz de Galicia’ ao cumprirse case dous anos desde os anteriores comicios.

Os socialistas revalidarían mandato en Vigo, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. No caso da cidade viguesa, Abel Caballero mantería a maioría absoluta a pesar de perder un concelleiro, ao obter 19. O PP seguiría con catro, o BNG gañaría un e colocaríase con dous, e Marea de Vigo mantería as dúas actas.

Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...