InicioPolíticaO Concello de Vigo abre expediente sancionador á Xunta por despregar unha...

O Concello de Vigo abre expediente sancionador á Xunta por despregar unha lona no Berbés co logo do Xacobeo

Fora instalada no edificio no que se construíu un albergue de peregrinos. O Goberno galego considera que Abel Caballero está "en contra" do Xacobeo e do Camiño de Santiago.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo abriu expediente sancionador á Xunta de Galicia pola instalación dunha lona no edificio no que construíu un albergue de peregrinos, no Berbés, no casco vello.

Segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, o departamento de Urbanismo abriu este expediente despois de varias advertencias á Xunta sobre a colocación dunhas lonas co logotipo do Xacobeo e o texto ‘Rede pública de Albergues do Camiño de Santiago’.

O rexedor sinalou que a instalación desas lonas na fachada do edificio rehabilitado contravén “gravemente” a ordenanza. “Avisámolo unha vez, e non fixeron caso; avisámolo unha segunda vez, e non fixeron caso, e ademais, enganaron aos inspectores de Urbanismo”, censurou Caballero.

Segundo explicou, a Xunta retirou as lonas cando os técnicos foron a supervisar a obra para outorgar a licenza de actividade, “se non, non se deu a licenza”. “Retiráronas para a visita dos inspectores e volvéronos a pór”, denunciou.

É a primeira vez que o Concello se ve obrigado a abrir un expediente por incumprir a norma. Pregúntolle a Feijóo, se vostedes non cumpren as ordenanzas, como lles piden aos cidadáns que as cumpran”, afirmou o alcalde, e lembrou que “para pedir aos cidadáns que cumpran as normas, hai que ter a autoridade moral de cumprilas”.

RESPOSTA DA XUNTA

En resposta a este anuncio, o Goberno galego lamentou que o alcalde está “en contra” do Xacobeo e do Camiño de Santiago, “unha fonte de ingresos para hostaleiros e comerciantes”.

Precisamente, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, sinalou que o rexedor “busca a confrontación” coa administración autonómica, “precisamente” cando o Goberno galego anuncia que os hostaleiros van colocar sinalización do Camiño nos seus locais, dado que o Concello rexeita instalar esa sinalización. “As lonas moléstanlle, igual que lle molesta a sinalización do Camiño, que é un símbolo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...