InicioPolíticaO PP sinala que as contratacións no Concello do Porriño "salpican" á...

O PP sinala que as contratacións no Concello do Porriño “salpican” á Deputación de Pontevedra

O presidente do PP do Porriño e deputado provincial, Alejandro Lorenzo, manifestou que a situación do Porriño "é moi grave, unha fraude", e valorou que as sentenzas do contencioso-administrativo "están a dar a razón ao que o Partido Popular do Porriño vén denunciando desde 2017".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Partido Popular denunciou este venres que o que ocorre no Concello do Porriño en materia de contratación é un “escándalo maiúsculo”, que asegurou que “salpica” á Deputación de Pontevedra porque o concelleiro Manuel Carrera, que está imputado “pola trama clientelar do Porriño”, é asesor do PSOE na institución provincial.

Así se pronunciou despois de que o Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra emitise dúas sentenzas, polas que remitiu senllos testemuños de particulares para que o Tribunal de Contas e a xurisdición penal investiguen as prácticas polas que o Concello do Porriño presuntamente “durante un período prolongado de tempo actuou ou está a actuar á marxe do Dereito na materia de contratación”.

O presidente do PP do Porriño e deputado provincial, Alejandro Lorenzo, manifestou que a situación do Porriño “é moi grave, unha fraude”, e valorou que as sentenzas do contencioso-administrativo “están a dar a razón ao que o Partido Popular do Porriño vén denunciando desde 2017”.

En relación con iso, o portavoz provincial do PP, Jorge Cubela, lembrou que á fronte do Goberno do Porriño está a socialista Eva García de la Torre “grazas ao pacto” que fixo co líder do grupo independente –e exconcelleiro do PP– Manuel Carrera.

Nesta liña, Cubela manifestou que o apoio do concelleiro independente “non só foi decisivo para manter na alcaldía a Eva García de la Torre e ao PSOE, senón que tamén foi fundamental para manter a rede clientelar de contratacións a dedo”.

É por iso que criticou que Carrera dispoña de “un posto de confianza” na Deputación de Pontevedra, e lamentou o “silencio cómplice” da institución provincial e a súa presidenta, Carmela Silva, ás que pediu “explicacións claras e contundentes sobre cal é o seu papel en funcións de asesoramento”.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...