InicioPolíticaCaballero acusa á Xunta de abandonar á súa sorte as familias ameazadas...

Caballero acusa á Xunta de abandonar á súa sorte as familias ameazadas de desafiuzamento

O alcalde de Vigo denunciou que, desde que Feijóo goberna, a administración autonómica non entregou "nin unha soa vivenda social feita polo seu goberno".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns que a Xunta de Galicia “deixa tiradas” ás familias ameazadas de desafiuzamento na cidade, ás que “ten que atender o Concello”, e criticou que o goberno autonómico non entregou “nin unha soa vivenda pública” que construíse durante o mandato de Feijóo na cidade.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, na cidade, “hai 20 familias pendentes de desafiuzamento”, entre as que está unha nai con 4 menores ao seu cargo. “E a resposta da Xunta a esta nai é que non dispón de vivendas neste concello, nin hai axudas abertas para atendelos. Déixanos tirados na rúa”, censurou. Na mesma liña, referiuse a as familias que serán desaloxadas en febreiro dun poboado chabolista en Navia, e que tamén están “sen resposta da Xunta”.

Somos nós (a administración municipal) os que os atendemos (…), a Xunta di que non ten vivendas nin axudas. Se da Xunta dependese, quedarían todos na rúa”, criticou Abel Caballero, quen denunciou que, desde que Feijóo goberna, a administración autonómica non entregou “nin unha soa vivenda social feita polo seu goberno”. “Isto é un drama social“, proclamou o rexedor, que lembrou que, só en Vigo, hai máis de 4.200 familias demandantes de vivenda protexida “en lista de espera”.

ÚLTIMAS

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...

Detido por denunciar un falso asalto cun puñal para tentar cobrar un seguro bancario

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron un home por facer crer...

Os acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Vigo cuestionan a competencia da Audiencia para xulgalos

Os 11 acusados que se sentaron este luns na sección quinta da Audiencia Provincial...