InicioPolíticaVigo presentará alegacións aos mapas de ruído de vías autonómicas ante a...

Vigo presentará alegacións aos mapas de ruído de vías autonómicas ante a “falta” dun plan de insonorización

Abel Caballero critica que a Xunta non inclúe "medidas correctoras" que se consideren "satisfactorias" para o seu paso por zonas poboadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo presentará alegacións aos mapas estratéxicos de ruído da rede autonómica de estradas, sometidos a información pública pola Xunta, tras constatar a “falta” dun plan de acción de insonorización das que discorren polo termo municipal.

O alcalde, Abel Caballero, explicou que os mapas presentados polo Goberno galego inclúen as vías de titularidade autonómica que discorren polo concello — PO-324, PO-325, AG-57 e PO-52–, pero non “medidas correctoras” que se consideren “satisfactorias” para o seu paso por zonas poboadas.

Ante a falta dun plan de acción de insonorización e medidas de redución da velocidade de circulación e a regulación do tráfico pesado, indicou que se presentarán alegacións á documentación.

Deste xeito, Abel Caballero detallou que se busca que “a Xunta se aplique un pouco máis” e realice insonorizacións das vías da súa competencia que discorren polo termo municipal, o que representa unha “obriga”.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...

Detida en Vigo unha moza tras tentar atracar un bar cun coitelo e ferir a dous clientes

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 23 anos de...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...