InicioPolíticaAbel Caballero rexeita unha residencia de maiores na ETEA, un "deserto poboacional",...

Abel Caballero rexeita unha residencia de maiores na ETEA, un “deserto poboacional”, e ofrece outros terreos

O alcalde considera que o antigo recinto militar non é lugar apropiado para unha residencia, porque a zona vai estar "deserta" de poboación "polo menos nos próximos 10 anos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este luns a intención da Xunta de construír unha residencia de maiores no espazo da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), e advertiu de que situar nesa zona un centro de maiores supón “confinalos” nun “deserto poboacional”, polo que reiterou a súa oferta ao goberno galego de construír esa residencia nunha zona urbana de Teis.

O rexedor, tras a visita do presidente da Xunta á ETEA este luns para anunciar a inminente aprobación do plan sectorial que permitirá construír un centro de maiores e un pavillón na zona, sinalou que o antigo recinto militar non é lugar apropiado para unha residencia, porque a zona vai estar “deserta” de poboación “polo menos nos próximos 10 anos”.

A ese respecto, o alcalde lembrou que o seu goberno ofreceu hai tempo “gratis” dous terreos no centro urbano do barrio, como posibles alternativas para esa infraestrutura sociosanitaria: un na rúa Pedro Alvarado e outro á beira do Mercado de Teis. “Pero a Xunta non nos contestou”, lamentou.

Abel Caballero apuntou que os centros de maiores “non poden estar en escampados” nin “illados”, e insistiu en que a Xunta “vai confinar persoas maiores nunha zona na que non vai vivir ninguén nos próximos 10 anos”.

Por outra banda, o alcalde dixo que “a única” administración que, ata agora, fixo investimentos e actuacións na ETEA foi o Concello de Vigo, e indicou que a Xunta, desde que Feijóo é presidente non dedicou “nin un só céntimo de investimento” a ese espazo. “Nin sequera limpa a súa zona”, engadiu Caballero.

ÚLTIMAS

Vigo activa as súas catro zonas de baixas emisións: os coches sen distintivo ambiental xa non poden circular por elas

O Concello de Vigo puxo en marcha este xoves as catro zonas de baixas...

Prisión para dous dos cinco detidos tras desmantelar tres “narcopisos” en Vigo

O maxistrado da praza 4 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de...

Dous anos e tres meses de prisión para o home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo

O home que asaltou e feriu unha taxista en Vigo aceptou dous anos e...

Cinco detidos e rexistros en tres ‘narcopisos’ nunha operación contra o tráfico de drogas en Vigo

A Policía Nacional informou de que axentes pertencentes á Udyco da Comisaría de Vigo-Redondela...