InicioPolíticaCaballero convocará un pleno extraordinario sobre a evolución da pandemia a semana...

Caballero convocará un pleno extraordinario sobre a evolución da pandemia a semana que vén

Nese pleno extraordinario estudaranse e avaliarán "as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia", e as consecuencias económicas e sociais da pandemia, "ás que só o Concello de Vigo está a facer fronte".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocará a próxima semana unha sesión plenaria extraordinaria para abordar a evolución da pandemia de COVID-19 na cidade, segundo avanzaron fontes municipais.

As mesmas fontes, a través dun comunicado, detallaron que nese pleno extraordinario estudaranse e avaliarán “as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia”, e as consecuencias económicas e sociais da pandemia, “ás que só o Concello de Vigo está a facer fronte”.

Así mesmo, trasladaron que o goberno de Vigo insistirá na necesidade de que Sanidade duplique o número de probas PCR que se realizan a diario na cidade, así como o número de rastreadores, e que se reforce o servizo de Atención Primaria.

Segundo os datos publicados polo Sergas este martes (actualizados ás 18,00 horas do luns), na área sanitaria de Vigo hai 1.358 casos activos de COVID, e nas últimas 24 horas detectáronse 137 novos contagios. Do total de casos, hai 66 persoas hospitalizadas (7 delas en UCI) e faleceron 143 infectados desde o inicio da pandemia.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...