InicioPolíticaAbel Caballero celebra as sentenzas sobre a PassVigo e defende a "discriminación...

Abel Caballero celebra as sentenzas sobre a PassVigo e defende a “discriminación positiva” para os vigueses

"Supoño que recorrerán as sentenzas, e confío en que perdan definitivamente", engadiu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores as dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o cartón PassVigo e sobre os descontos no bus só para empadroados na cidade, e asegurou que o alto tribunal galego “avala completamente a posición” do Concello olívico.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que o TSXG rexeita as pretensións dos concellos de Mos e Redondela (que denunciaron o requisito do empadroamento para obter ese cartón e poder ter viaxes bonificadas), e criticou que os recursos interpostos polos gobernos destes municipios foron presentados “por razóns políticas e partidarias”.

Nunha das resolucións, o alto tribunal galego apunta, no entanto, que o sistema de bonificación só para empadroados é “discriminatorio” e que non é válido o argumento de que só os vigueses poden beneficiarse desa vantaxe porque as viaxes son subvencionados polo Concello. A ese respecto, os maxistrados lembran que hai persoas físicas e xurídicas que pagan impostos, contribúen ás arcas viguesas e non están empadroadas.

Abel Caballero afirmou que non quería entrar neses “comentarios”, pero matizou que, efectivamente, o cartón PassVigo “discrimina positivamente” aos vigueses “porque pagan os impostos na cidade”.

Segundo lembrou, esa medida adoptouse no marco da autoridade municipal e do mesmo xeito que se establecen vantaxes (aos empadroados) noutros servizos municipais de Vigo e doutros concellos. “Supoño que recorrerán as sentenzas, e confío en que perdan definitivamente”, engadiu, en alusión aos concellos de Mos e Redondela.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...