InicioPolíticaAbel Caballero: "É unha neglixencia e un escándalo que non teña datos...

Abel Caballero: “É unha neglixencia e un escándalo que non teña datos de contaxios na miña cidade”

Apunta que o baixo contaxio é "mérito" dos cidadáns e insta o presidente a "aprender un pouquiño" de Portugal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a reclamar este luns á Xunta que lle facilite información da evolución da pandemia na cidade, e criticou a “neglixencia” do goberno de Feijóo por non facilitar eses datos aos municipios e a súa negativa a “rectificar”, que atribuíu á “soberbia” do presidente galego.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico arremeteu novamente contra a Xunta, á que acusado de “neglixente” por non facilitar esa información aos municipios, que deben “coadxuvar” no control da pandemia a través de recursos como policías locais, protección civil, brigadas de desinfección, etc.

Non teño ningún dato oficial dos niveis de contaxio na miña cidade. É unha neglixencia, un escándalo”, proclamou o alcalde, que incidiu en que “Galicia é a única comunidade autónoma que non dá os datos por concellos”.

Segundo Abel Caballero, é necesario un “cambio de actitude” de Feijóo, que está “instalado na súa soberbia”, e precisou que, se en Galicia e en Vigo hai un baixo contaxio do coronavirus, non é mérito da administración autonómica, senón “dos cidadáns”.

EXEMPLO DE PORTUGAL

O alcalde puxo como exemplo o que ocorre en Portugal, onde os municipios “reciben cada día” información da evolución da pandemia por parte do seu Goberno. “Por que non copia a Portugal o señor Feijóo e aprende un pouquiño?“, cuestionou.

Por outra banda, lembrou que el, como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), xa trasladou ao Ministerio de Sanidade a importancia de que as entidades locais teñan eses datos, unha petición que tamén realizou a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). “E a Xunta non fai caso. Os concellos somos Estado, somos xente seria, de que desconfía Feijóo?”, preguntou.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...