InicioPolíticaMarea de Vigo pide "medidas" ante supostos incumprimentos horarios do casino...

Marea de Vigo pide “medidas” ante supostos incumprimentos horarios do casino da Laxe

Este grupo municipal reclamou que as autoridades competentes deben "tomar as medidas correspondentes de inmediato", ante unha situación "absolutamente nociva" que afecta o sector hostaleiro da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo trasladou un escrito ao goberno local e á Zona Franca no que se fai eco das denuncias dalgúns veciños, que aseguran que o casino da Laxe (no centro comercial propiedade de Zona Franca) estaría a incumprir as restricións horarias establecidas con motivo da pandemia de coronavirus.

No seu escrito, Marea de Vigo sinalou que, segundo esas queixas, o casino, que conta cunha zona de bar na que hai tanto clientes xogadores como non xogadores, mantense “aberto e funcionando máis aló das horas permitidas ao resto de establecementos de hostalaría”.

Por iso, este grupo municipal reclamou que as autoridades competentes deben “tomar as medidas correspondentes de inmediato”, ante unha situación “absolutamente nociva” que afecta o sector hostaleiro da cidade.

ÚLTIMAS

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...