InicioPolíticaO Concello de Vigo reducirá aforamentos e extremará a vixilancia sobre uso...

O Concello de Vigo reducirá aforamentos e extremará a vixilancia sobre uso de máscaras e distancias

Salas de exposicións e museos, e eventos como as vodas que se celebran no Pazo de Castrelos, veranse afectados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo reforzará a vixilancia sobre o uso de máscaras en espazos públicos e sobre o cumprimento de todas as restricións para controlar a pandemia de coronavirus, e reducirá aínda máis os aforamentos en espazos municipais.

Así o trasladou o alcalde, Abel Caballero, despois da reunión do comité municipal de seguimento da pandemia.

Á vista dos rebrotes e o incremento de casos activos de COVID-19, o rexedor anunciou que se reducirán aínda máis os aforamentos en espazos municipais, como salas de exposicións e museos, e en eventos como as vodas que se celebran no Pazo de Castrelos (fixarase un máximo de 25 asistentes no interior do edificio).

Así mesmo, e xa a partir desta fin de semana, reforzarase a vixilancia sobre o cumprimento de medidas como o uso das máscaras na vía pública, a prohibición de fumar se non hai distancia interpersoal, ou a prohibición de aglomeración de persoas na rúa ou locais.

A ese respecto, Abel Caballero insistiu en que “está terminantemente prohibido” beber na rúa se non é unha terraza ou mesa habilitada, en alusión á habitual concentración de clientes de locais situados en zonas como a contorna da Concatedral. “Non se poden vender bebidas para ser consumidas nunha praza”, advertiu.

Nesa liña, asegurou que o Concello e a Policía Local permanecerá “moi vixiantes”, especialmente cos “recalcitrantes” que perseveran nos incumprimentos, e proclamou que “se hai que multar, multarase”. “Tomémonolo en serio, isto non é unha broma”, resolveu.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...