InicioVigo e contornaMosAbel Caballero: "Non teremos área metropolitana de Vigo mentres Feijóo sexa presidente"

Abel Caballero: “Non teremos área metropolitana de Vigo mentres Feijóo sexa presidente”

Abel Caballero rexeita buses desde Salvaterra e Mos polo seu papel xunto a Feijóo na "derriba" da área Metropolitana

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, constatou que non haberá Área Metropolitana de Vigo “mentres Feijóo sexa presidente da Xunta” porque o titular do Executivo galego “teme” á cidade olívica. “Xa se encargará de que non a teñamos”, sentenciou.

A constitución da área Metropolitana de Vigo quedou paralizada e está pendente de sentenza xudicial, tras unha denuncia interposta pola Xunta contra o pleno no que se constituíu o ente. Segundo defende a administración autonómica, Vigo incumpriu o seu compromiso (rubricado nun convenio) de pór en marcha o plan de transporte metropolitano como condición previa á constitución do ente supramunicipal, mentres que o goberno vigués xustifica a súa posición polo desembolso que tería que facer para financiar parte das viaxes “de persoas de fóra” da cidade.

MOS E SALVATERRA

Neste sentido, expresou este mércores o seu rexeitamento á posibilidade de que haxa dúas liñas de bus interurbano con paradas na cidade, desde os municipios de Mos e Salvaterra porque non están previstas no convenio de 1994 (que regula as paradas e itinerarios de liñas interurbanas en territorio vigués) e polo “papel” que ambos os concellos, gobernados polo PP, xogaron xunto a Feijóo para “derrubar” a área Metropolitana.

Así o trasladou en rolda de prensa o rexedor olívico, quen informou de que o Concello recibiu esas dúas solicitudes a través da administración autonómica: unha por parte do Concello de Salvaterra e outra por parte “dun grupo de traballadores de Mos”, que solicitan conexión directa a través de bus interurbano coa cidade de Vigo.

“Chama a atención porque isto (a regulación do transporte interurbano) era o obxectivo central da área Metropolitana (…), e houbo tres actores que xogaron un papel para eliminala: Mos, Salvaterra e a Xunta de Galicia“, proclamou, á vez que lembrou a “oposición” que os rexedores deses municipios mantiveron con respecto á posta en marcha do ente supramunicipal.

A ese respecto, matizou que non están previstas paradas nin rutas desde ningún deses municipios no acordo asinado coa Xunta en 1994 para regular as conexións interurbanas e, “como non hai Área Metropolitana, non se pode facer”. Así mesmo, subliñou que “os que se encargaron de derrubar a área Metropolitana non quererán asinar un convenio con Vigo”.

“RECONSTRUÍR A ÁREA METROPOLITANA”

Abel Caballero emprazou a Mos e Salvaterra que, xunto á Xunta de Galicia, “encargáronse de tombar” a área Metropolitana, a que a “reconstrúan” e, só entón, poderase asinar o acordo para regular esas liñas.

O alcalde subliñou que, no actual contexto de crise pola pandemia de COVID, “sería moi importante ter Área Metropolitana” para optimizar e mellorar servizos pero, en todo caso, “Vigo está tranquila”, porque “ten medios, capacidade, formas e recursos”. “Foi a Xunta a que se encargou de que non houbese Área Metropolitana e non houbese esas vantaxes, pero Vigo tenas”, precisou.

SEN ÁREA “MENTRES FEIJÓO SEXA PRESIDENTE”

Finalmente, e a preguntas dos medios, Caballero constatou que non haberá Área Metropolitana de Vigo “mentres Feijóo sexa presidente da Xunta” porque o titular do Executivo galego “teme” á cidade olívica. “Xa se encargará de que non a teñamos”, sentenciou.

A constitución da área Metropolitana de Vigo quedou paralizada e está pendente de sentenza xudicial, tras unha denuncia interposta pola Xunta contra o pleno no que se constituíu o ente. Segundo defende a administración autonómica, Vigo incumpriu o seu compromiso (rubricado nun convenio) de pór en marcha o plan de transporte metropolitano como condición previa á constitución do ente supramunicipal, mentres que o goberno vigués xustifica a súa posición polo desembolso que tería que facer para financiar parte das viaxes “de persoas de fóra” da cidade.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...