InicioPolíticaO PP gaña por pouco en Vigo, lonxe das importantes vitorias doutras...

O PP gaña por pouco en Vigo, lonxe das importantes vitorias doutras cidades

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Partido Popular capitaneado por Alberto Núñez Feijóo, que cultivou a cuarta maioría absoluta consecutiva, foi a lista máis votada en todas as cidades galegas, mentres que o BNG sitúase como segunda forza en todas excepto Vigo, bastión de Abel Caballero e única urbe na que o PSdeG supera aos nacionalistas.

Na cidade olívica, feudo de Abel Caballero –que ten 20 de 27 concelleiros–, os socialistas logran ser segunda forza, con 43.332 votos –31,97%–, moi preto da primeira forza, que obtén 44.064 apoios –34,51%–. Pola súa banda, o Bloque, que nas pasadas municipais recuperou a súa representación neste municipio, colocouse como terceira forza política, con 31.628 sufraxios –23,34%–.

Galicia en Común, pola súa banda, que fora a terceira forza en votos con En Marea hai catro anos, queda en Vigo co 6,08% dos apoios.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de...

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...