InicioPolíticaNovo contencioso do Concello contra o confinanciamento de escolas infantís da Xunta

Novo contencioso do Concello contra o confinanciamento de escolas infantís da Xunta

"É intolerable, un novo abuso da Xunta cara a Vigo. Nós xa temos e pagamos as nosas escolas infantís", sinalou Abel Caballero, en referencia ás gardarías do Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo aprobou a interposición dun novo recurso contencioso administrativo contra o cofinanciamento de escolas infantís da Xunta de Galicia na cidade, segundo informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.

En concreto, o Concello presentará recurso contra a resolución de aprobación da segunda liquidación de 2018, e das dúas primeiras liquidacións correspondentes ao ano 2019, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (entidade que xestiona as gardarías e centros de día da administración autonómica).

En novembro de 2017 xa recorrera a liquidación de pagos de gardarías, sen que o TSXG pronunciouse ata o momento. No entanto, para “evitar maiores prexuízos”, segundo se recolle no expediente, o Concello acabou pagando esas liquidacións.

O rexedor olívico insistiu no seu argumento de que esas resolucións son “inconstitucionais” e obrigan ao Concello a sufragar, cada ano, 207.000 euros para cofinanciar as escolas infantís de titularidade galega e de competencia da Xunta.

“É intolerable, un novo abuso da Xunta cara a Vigo. Nós xa temos e pagamos as nosas escolas infantís”, sinalou Abel Caballero, en referencia ás gardarías do Concello.

O alcalde de Vigo foi, nos últimos anos, moi belixerante con este sistema de cofinanciamento e, de feito, anunciou varias veces recursos contenciosos contra eses pagos, tamén no caso dos centros de día autonómicos.

Pola súa banda, a Xunta lembrou que eses servizos se xestionan desde o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha entidade interadministrativa á que o Concello de Vigo está adherido.

A ese respecto, sinalaron desde a administración galega, o modelo de confinanciación destes servizos está vixente de 2017 e é de aplicación en todos os concellos que forman parte do Consorcio, e foi aprobado por unanimidade entre representantes de todos os partidos políticos na Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

De feito, o goberno vigués xa interpuxo recurso contencioso administrativo polo pago de liquidacións correspondentes aos centros de día de Teis, Coia e Valadares, e o TSXG desestimouno.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...