InicioVigo e contornaO PorriñoCiudadanos conmemora o Orgullo nunha Caravana Ciclista no Porriño: "No noso proxecto...

Ciudadanos conmemora o Orgullo nunha Caravana Ciclista no Porriño: “No noso proxecto para Galicia todos teñen cabida”

O partido laranxa avisa dun "tripartito" cun BNG que bebe do "ultranacionalismo catalán" e busca "establecer cidadáns de primeira e de segunda".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata de Ciudadanos á Xunta, Beatriz Pino, participou este domingo nunha Caravana Ciclista para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI+ no Porriño, onde asegurou que no seu proxecto para Galicia, “de cidadáns libres e iguais, todos teñen cabida”.

Así o manifestou durante este evento ao que asistiu xunto ao seu tío, o exciclista Álvaro Pino, xunto ao gañador do Tour de Francia de 2006, o mosense Óscar Pereira, e xunto a outros membros de Cs, entre eles a portavoz do partido a nivel estatal, Melisa Rodríguez, e o portavoz adxunto no Congreso, Edmundo Bal.

Neste contexto, Beatriz Pino recalcou que o partido laranxa participou, participa e participará “sempre” no Orgullo LGTBI+: “Nunca faltamos á cita nin o faremos este ano, aínda que sexa dunha maneira diferente debido á situación sanitaria que atravesa o país”.

E é que, tal e como garantiu a tamén portavoz da formación en Galicia, Cs levará “a bandeira da liberdade e da igualdade” alá onde vaia, igual que tamén acudirá a “calquera” acto ou manifestación que defenda estes valores.

Por isto mesmo, e aínda que recoñeceu que Galicia avanzou “moito” en materia de dereitos LGTBI+, aseverou que “é moito máis o que queda por facer”. “Temos unha boa lei de 2014 polos dereitos LGTBI+, pero esta lei non pode quedar nun caixón e leva xa demasiado tempo sendo máis un anuncio que unha realidade”, lamentou.

Así, prometeu que “implementará de maneira efectiva” este texto para así “protexer os dereitos do colectivo, especialmente no ámbito rural”, para evitar episodios “de silencio, de discriminación e de acoso escolar”.

BAL AVALA A BEATRIZ PINO

Pola súa banda, o portavoz de Cs no Congreso, Edmundo Bal, quixo acompañar nesta Caravana Ciclista á candidata á Xunta, a quen eloxiou por ser “a persoa idónea” para liderar o proxecto da formación liberal en Galicia. “O 12 de xullo estamos a xogarnos unha Galicia para mellor ou unha Galicia para peor. Unha España para mellor ou unha España para peor”, recalcou.

Bal, de raíces galegas, aproveitou para advertir ante un posible “tripartito” no que participe o BNG, ao que acusou de, tal e como demostrou, dixo, cando gobernou xunto ao PSdeG entre 2005 e 2009, “querer profundar” nas “diferenzas entre os galegos” e “establecer cidadáns de primeira e de segunda”.

Neste sentido, cargou contra o Bloque por ir da man do “ultranacionalismo catalán” e de querer para Galicia un “escenario de inestabilidade” e “de empresarios que cambian as súas sedes de sitio porque non poden soportar esa situación á que lles leva ese nacionalismo fanático”.

“Nós ofrecemos unha Galicia mellor, Bea é a candidata dunha Galicia mellor, unha Galicia moderna, unha Galicia máis conectada e unha Galicia que sexa unha terra de oportunidades e onde os galegos non teñan que abandonar a súa querida terra”, insistiu.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...