InicioPolíticaVox non acudirá á homenaxe ás vítimas: "É unha cerimonia exculpatoria dun...

Vox non acudirá á homenaxe ás vítimas: “É unha cerimonia exculpatoria dun goberno criminal”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente de Vox, Santiago Abascal, anunciou este sábado que o seu partido non vai acudir á homenaxe ás vítimas da pandemia da COVID-19, convocado para o próximo 16 de xullo, por consideralo “unha cerimonia exculpatoria” dun Goberno “criminal”.

Durante un mitin de precampaña en Vigo para as eleccións galegas do 12 de xullo, o presidente do partido acusou ao Executivo de Pedro Sánchez de utilizar ás vítimas como “escusa” para celebrar esta “exculpación” da súa xestión, que se caracteriza por “ocultar a cifra real” de falecidos.

Ademais, Abascal afeou ao Goberno de “usurpar as funcións da súa Maxestade”, quen é quen debe convocar un acto destas características, segundo explicou.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...