InicioPolíticaGonzalo Caballero: "A vitoria do PSdeG en Vigo será a vitoria progresista...

Gonzalo Caballero: “A vitoria do PSdeG en Vigo será a vitoria progresista para unha nova etapa en Galicia”

Apela á confianza dos vigueses e promete traballar "á beira do alcalde"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG-PSOE e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, reafirmou este mércores o seu compromiso coa educación pública e anunciou que aproveitará o fondo de 2.000 millóns anunciado polo Goberno de España para educación para implantar un plan de dixitalización, fortalecer o sistema de bolsas e a estrutura docente, todo iso adaptado ao escenario postcovid.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, no acto de presentación da candidatura socialista pola provincia de Pontevedra, que el encabeza, que tivo lugar fronte ao museo MARCO de Vigo e que contou coa presenza do alcalde da cidade, Abel Caballero, e da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Gonzalo e Abel Caballero nun momento da presentacion da candidatura PSde G. © Miguel NuñezGonzalo Caballero reiterou que a educación pública “vai ser bandeira do próximo goberno autonómico” se logra a vitoria electoral o 12 de xullo e, tras criticar que Feijóo é “o único presidente autonómico ao que non lle gusta que haxa fondos para a educación”, afirmou que os socialistas galegos apoian a dotación de 2.000 millóns anunciada polo Goberno central.

A ese respecto, apuntou que eses fondos servirán para que todos os estudantes galegos dispoñan de computador e conexión a internet, dentro dun plan de dixitalización para adaptar a educación ao escenario postcovid. Así mesmo, prometeu “máis docentes e máis bolsas”, libros de texto gratuítos, así como “maior dotación para os comedores escolares”.

“PASAR PÁXINA”  AOS 11 ANOS DE FEIJÓO

O candidato socialista fixo un chamamento aos galegos para que voten ao PSdeG o próximo 12 de xullo porque está “en xogo” o futuro de Galicia e unha reconstrución económica e social “na que ninguén quede atrás”. “Querémolo facer cunha formulación que incorpore a todos e permita pasar páxina a 11 anos de retroceso nos servizos públicos, destrución de emprego, privatización da sanidade e da atención aos maiores”, proclamou.

“Quero pedir a todos os galegos que se involucren (…), hai unha maioría progresista en Galicia, non nos podemos arrepentir doutros 4 anos máis de goberno do PP, da dereita de Feijóo”, pediu Caballero, e apelou tamén á confianza dos vigueses.

A ese respecto, advertiu de que “a vitoria (do PSdeG) en Vigo será a vitoria progresista para unha nova etapa en Galicia” e prometeu, se chega a ser presidente da Xunta, “traballar á beira do alcalde”, o seu tío Abel Caballero, para acabar co “rexeitamento” e a “tensión permanente” que recibe a cidade olívica por parte de Feijóo.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...