InicioPolíticaFeijóo: "Probablemente dea a orde de que o luns quede sen efecto...

Feijóo: “Probablemente dea a orde de que o luns quede sen efecto o estado de alarma en Galicia”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, proporá, na reunión do Consello de Goberno do venres, deixar sen efecto o estado de alarma a partir do próximo luns, a condición de que se manteña a actual situación de “control” da pandemia de COVID e a baixa taxa de contaxio.

Así o confirmou, en resposta a preguntas dos xornalistas durante unha visita a unha empresa no parque industrial de Porto do Molle, en Nigrán. “Estamos a estudar a situación epidemiolóxica, monitorámola día a día”, incidiu, e engadiu que, se se mantén a situación, o goberno autonómico valorará na súa reunión do venres deixar sen efecto o estado de alarma “probablemente” a partir do luns. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...