InicioPolíticaAbel Caballero defende a prórroga do estado de alarma: "É unha garantía...

Abel Caballero defende a prórroga do estado de alarma: “É unha garantía para a saúde da xente”

Considera que "o estado de alarma deu bo resultado, dobregou a curva e o pico de contaxiados, baixou o número de casos activos e débese manter e apoiar". O alcalde celebra o reparto de 30.000 máscaras en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, proclamou este luns que “se debe manter e apoiar” a prórroga do estado de alarma decretado pola pandemia de coronavirus, xa que “é unha garantía moi importante para a saúde da xente”.

Caballero sinalou que, tras manter encontros con técnicos e con expertos que forman parte do seu comité asesor, constatou que “as precaucións para preservar a saúde son importantísimas”.

“O estado de alarma deu bo resultado, dobregou a curva e o pico de contaxiados, baixou o número de casos activos e débese manter e apoiar. Non teño ningunha dúbida respecto diso”, opinou.

MÁSCARAS

Na comparecencia deste luns, o alcalde tamén se referiu á repartición de máscaras (30.000 na cidade) tras implantarse a obrigatoriedade do seu uso nos transportes públicos, e precisou que se trata de máscaras enviadas polo Goberno de España, porque a Xunta “non repartiu nin unha soa na cidade”.

Abel Caballero insistiu por enésima vez nas súas críticas ao Goberno galego, ao que acusa de “abandonar” a Vigo, e celebrou a decisión de que a FEMP, que el preside, coopere na distribución deste material aos municipios. A ese respecto, sinalou que as súas peticións ao Goberno de España “adoitan ter éxito”, días despois de que avanzase que pediría as máscaras para Vigo directamente ao Executivo central, debido a ese “abandono” por parte da Xunta, que “non aclara os seus criterios de repartición”.

Finalmente, o alcalde referiuse á videoconferencia que manterá este martes cos alcaldes e alcaldesas das 15 cidades máis poboadas de España. “Quero que poñamos en común a situación das grandes cidades”, indicou, co fin de intercambiar información e sumar iniciativas no proceso de ‘desescalada’.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...