InicioPolíticaEn Marea presentará no Parlamento Galego unha ampliación das axudas para os...

En Marea presentará no Parlamento Galego unha ampliación das axudas para os afectados de Paramos

Os veciños consideran que a cantidade estipulada ata agora é insuficiente para recuperar a súa vida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de deputadas de En Marea reuniuse cos integrantes da plataforma de afectados pola explosión da pirotecnia de Paramos, no Concello de Tui. Na reunión, os veciños agrupados na plataforma sinalaron os principais defectos das axudas anunciadas pola Xunta para os afectados.

Os veciños consideran que as axudas por vivendas “son claramente insuficentes, posto que as cantidades máximas estipuladas nas axudas non chegan para reconstruír ou facer as casas de nova planta”.

A plataforma veciñal de afectados explicou as carencias nas axudas, unhas carencias que irían “desde a atención única e coordinada por parte dos distintos departamentos da Xunta ata a maneira en que se valoran as vivendas e a súa recuperación e tope máximo de axudas que está disposta a aboar o goberno autonómico”.

Xuntanza entre En Marea e os afectados pola explosión / En Marea

Fronte a esta situación, Luís Villares sinalou que En Marea presentará no Parlamento de Galicia unha serie de medidas “para facilitar a recuperación da vida dos veciños de Paramos tal e como a tiñan antes da explosición”.

Nesta lista de propostas de En Marea figuran a ampliación dos máximos de axudas “ata ter en conta unha cantidade menor de restriccións nos requisitos para a solicitude”. No mesmo sentido de facilitar o acceso dos veciños ás axudas, entre as propostas deste partido tamén figurará “un sistema que facilite a tramitacións das axudas e que evite que os veciños teñan que duplicar trámites en distintas administracións“.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...