InicioPolíticaO PP propón dedicar unha rúa ou praza de Vigo a Manoel...

O PP propón dedicar unha rúa ou praza de Vigo a Manoel Soto

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do Grupo Municipal Popular de Vigo, Alfonso Marnotes, propuxo a dedicación dun espazo público de Vigo a Manoel Soto, o seu primeiro alcalde da democracia actual, falecido a semana pasada.

O edil ‘popular’ avogou por nomear “unha rúa ou unha praza” en recordo do ex-alcalde nun ano no que se conmemora “o 40 aniversario dos concellos democráticos”.

Neste sentido, resaltou que “a maior parte dos alcaldes da historia máis recente da cidade” foron lembrados nalgún espazo público da maior urbe galega, polo que considerou precedente que o goberno local actúe do mesmo xeito con Manoel Soto.

Nesta liña, o concelleiro asegurou que existen distintos espazos na cidade que poderían ser bautizados co nome do exalcalde. Así, fixo referencia a unha praza que se atopa en proceso de ser urbanizada no barrio de San Roque e a antiga canella Miragaia, que se transformou nunha rúa que conecta as de Rosalía de Castro e Areal.

Ademais, Alfonso Marnotes puxo en valor o labor levado a cabo por Soto á fronte do Consistorio olívico nun contexto que, segundo lembrou, estivo marcado pola “reconversión industrial” e a “crise do (sector) naval”.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...