InicioPolíticaA oposición carga contra Abel Caballero por usar a súa propia imaxe...

A oposición carga contra Abel Caballero por usar a súa propia imaxe nunha campaña sobre o Nadal vigués en Madrid

A oposición municipal no Concello de Vigo arremeteu este martes contra o alcalde da cidade, Abel Caballero, por utilizar un gran cartel coa súa propia fotografía convidando os madrileños a coñecer o Nadal olívico, no marco dunha campaña promocional que se inaugurou na Estación Sur de Madrid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A oposición municipal no Concello de Vigo arremeteu este martes contra o alcalde da cidade, Abel Caballero, por utilizar un gran cartel coa súa propia fotografía convidando os madrileños a coñecer o Nadal olívico, no marco dunha campaña promocional que se inaugurou na Estación Sur de Madrid.

Esta campaña consiste na instalación de grandes paneis con fotografías da iluminación do Nadal e, entre as imaxes, hai un gran cartel coa cara do alcalde, e a mensaxe: “En Vigo os queremos recibir en Navidad. Las luces y la Navidad en Vigo, las ‘más top del planeta’. ¡Os esperamos!”.

O grupo municipal do PP cualificou como “inadmisible” que “se use unha campaña institucional do Concello para facer campaña de promoción persoal” do alcalde. “É grotesco (…), roza o histrionismo e empézanos a lembrar a Gil y Gil“, apuntou o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes.

Pola súa banda, o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, lamentou que, en lugar de aproveitar un soporte como a Estación Sur de Madrid para “vender a cidade”, o goberno vigués “pon a ‘xeta’ do alcalde” e “parece que convida o alcalde ao Nadal, cando os que convidan son os vigueses, que pagan cos seus impostos os dous millóns de euros que custa”.

Segundo Pérez, “isto forma parte da política delirante” de Abel Caballero, que se comporta “coma se a cidade fose súa, unha satrapía que el controla”. “Un capítulo máis deste Nadal casposo”, engadiu.

Finalmente, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, afirmou que “Barcelona tiña a Cobi, Sevilla a Curro e agora Vigo ten a Abel Caballero, que vai camiño de substituír ao ‘dinoseto’ como mascota da cidade”. “Que diría o PSOE de Vigo se a Xunta fixese unha campaña de promoción de Galicia coa cara de Núñez Feijóo?”, cuestionou o edil nacionalista.

O concelleiro expresou a súa “vergoña allea” pola campaña de “autobombo” e “frikismo político” do alcalde de Vigo, e pediu que esa campaña “non se pague con diñeiro público”, senón que a financie a agrupación socialista da cidade.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...

Vigo defende e loita pola súa sanidade pública

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo para esixir a "reconstrución"...