InicioPolíticaO PSOE volve gañar en Vigo, pero perde case 5.500 votos

O PSOE volve gañar en Vigo, pero perde case 5.500 votos

O PP medra 4.000 votos e Unidas Podemos perde 7.000.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE segue mantendo a súa hexemonía en Vigo, onde este 10 de novembro os socialistas volveron gañar con claridade, con 60.107 votos e un 36,59% do total do voto emitido na cidade.

Aínda que o PSOE logrou mesmo aumentar case dúas décimas a porcentaxe do voto escrutado que levou, perdeu 5.444 votos en tan só sete meses, desde as eleccións xerais do pasado mes de abril.

Porén, o PP colle un chisco de aire, aínda que insuficiente para aspirar a outra cousa que non sexa ser oposición na cidade. Respecto aos anteriores comicios aumentou en máis de 4.000 o número de votos e aumenta en máis dun 4% a porcentaxe que recibiu do voto total.

Canda o PSOE, tamén caeu Unidas Podemos, que se deixou case 7.000 votos e caeu dúas décimas porcentuais.

A ultradereita crece, pero moi pouco, e moi lonxe está en Vigo do éxito que se celebra en moitos recunchos de España, converténdose na terceira forza no Congreso. En Vigo tan só subiu uns 2.300 votos, conseguindo 10.686, o que o coloca como cuarto partido na cidade.

O nacionalismo galego medra nuns 2.800 votos, até rozar os 10.000 votos, e Ciudadanos afúndese, coa perda de arredor de 14.000 votos.

Más País, forza liderada polo exPodemos Íñigo Errejón, sumou case 4.000 votos na súa estrea.

Resultados en Vigo das eleccións xerais do 10 de novembro de 2019 / MInisterio do Interior.

ÚLTIMAS

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...