InicioPolíticaPSOE e PP empatarían a escanos en Pontevedra, segundo as enquisas

PSOE e PP empatarían a escanos en Pontevedra, segundo as enquisas

PUBLICADO O

As primeiras enquisas a pé de urna confirman o que xa apuntaban os estudos demoscópicos da pasada semana e o que xa avanzou o Galicia Confidencial esta fin de semana; a caída de PSOE e Podemos e a suba de PP e Vox.
En Pontevedra, dos seis escanos en xogo, seis repartirianse entre o PP e o PSOE a partes iguais. Deste xeito, os populares gañarían a acta que perde Ciudadanos. Pola súa banda, En Común Unidas Podemos mantería o seu escano.
En Galicia a situación sería semellante tanén a de hai sete meses, coa diferenza de que hai un escano en xogo que podería ir, ou ben para a ultradereita de Vox, ou ben para o BNG. Así, un inquérito de GAD3 para a Forta e TVE apunta a un empate a dez escanos entre PP e PSOE, En Común Unidas Podemos mantería os seus dous e Vox e o BNG competirían por unha acta. Cs, pola súa banda, afundirase en Galicia.
A enquisa de Sondaxe para La Vox repite os mesmos resultados coa salvedade de que neste estudo demoscópico o deputado que perde o PSOE en Galicia iría para Vox e non para o BNG.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...