InicioPolíticaAbel Caballero: "O que Feijóo reclama non é o AVE a Galicia,...

Abel Caballero: “O que Feijóo reclama non é o AVE a Galicia, é só a unha parte, a Vigo non chega”

O alcalde critica que os viaxeiros vigueses, para ir a Madrid, deberán primeiro desprazarse á capital compostelá.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este venres que “o que Feijóo reclama” cando fala de prazos e de execución de obras de alta velocidade ferroviaria “non é o AVE a Galicia, é o AVE a unha parte de Galicia” porque “a Vigo non chega”.

Caballero lembrou que a alta velocidade ferroviaria non chega á cidade porque “Fraga decidiu que non chegase, coa señora Corina Porro sentada ao seu lado”.

Así mesmo, abundou, a que foi ministra de Fomento do PP, Ana Pastor, tivo o AVE Vigo-Madrid directo por Cerdedo “metido nun caixón durante cinco anos” e tivo que ser o Goberno de Pedro Sánchez o que “desbloqueou” este proxecto, impulsando o estudo hidroxeolóxico e o de impacto ambiental.

“Non lle escoitei a Feijóo nin unha vez reclamar o AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo, porque quere que vaiamos por Santiago”, denunciou, e lembrou que, tal e como está o trazado, a alta velocidade entra en Galicia por Ourense e logo conecta con Santiago, de maneira que os viaxeiros vigueses, para ir a Madrid, deben primeiro desprazarse á capital compostelá.

Segundo o alcalde, é un AVE que obriga aos vigueses a ir “100 quilómetros para atrás, para poder ir outros 100 quilómetros cara a adiante”. “En tanto non haxa AVE directo Vigo-Madrid, non haberá AVE a Galicia”, proclamou.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...