InicioPolítica(Vídeo) Corina Porro: "a Xunta é a institución que máis inviste en...

(Vídeo) Corina Porro: “a Xunta é a institución que máis inviste en Vigo, con máis de cen millóns”

Di sobre Caballero que "o que fai cando se lle torce un tema é botar balóns fóra e implicar á Xunta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo e líder do PP, Corina Porro, cargou este xoves duramente contra o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao que acusa de utilizar á Xunta para “botar balóns fóra”, cando algo non sae “como el quere”. Así, lembrou que é o Goberno galego a institución que máis inviste en Vigo, “con máis de cen millóns de euros”.

Eu non quero meter agora a facer política municipal“, dixo tras un encontro no Ifevi, pero despois aproveitou para criticar duramente a Caballero. “Cando non lle saen as cousas como el quere, e se lle torcen, bota balóns fóra…. E cando hai un tema que é de competencia únicamente municipal, vai e mete á Xunta”, dixo.

E, neste sentido, insistiu que é a Xunta a que “máis inviste en Vigo” en temas que son, dixo, “da súa competencia”. Entre estes citou a Cidade da Xustiza, con máis de 40 millóns; o Casco Vello “cun investimento case total da Xunta” ou a nova sede da Universidade de Vigo.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...