InicioPolíticaAbel Caballero: "En Vigo fixemos o maior cambio que se deu en...

Abel Caballero: “En Vigo fixemos o maior cambio que se deu en ningunha cidade de Europa”

O alcalde proclama que para el "non hai cen primeiros días, hai 4.486 días, e neste tempo revolucionamos a cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu este venres ao paso das críticas de PP e Marea de Vigo, sobre os seus primeiros 100 días de goberno neste cuarto mandato, e proclamou: “Para min non hai cen primeiros días, hai 4.486 días, e neste tempo revolucionamos a cidade”.

O rexedor defendeu que os seus gobernos propiciaron “o maior cambio que se deu en ningunha cidade de Europa”, e fixo un repaso das súas principais actuacións, facendo fincapé, nesta xornada de folga mundial polo clima, nas iniciativas ambientais.

A ese respecto, Caballero presumiu do impulso á candidatura de Cíes para ser designada Patrimonio da Humanidade, puxo en valor que Vigo conte cunha nova depuradora “paga pola cidade e pola UE”, e lembrou que o seu goberno plantou no centro urbano unhas 6.000 árbores e outros 40.000 en zonas forestais, que aposta pola mobilidade sustentable cun carril bici, que ten “as mellores e máis coidadas praias”, que puxo fin ás verteduras no río Lagares, ou que recuperou máis de 300.000 metros cadrados de humidais.

Así mesmo, recalcou outras actuacións como o desenvolvemento do Barrio do Cura, as medidas de política social, a ‘humanización’ de mil rúas, ou o “recoñecemento” ao modelo de Vigo, concretado na súa reelección como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias.

Por contra, os partidos da oposición (PP, Marea e BNG) “sempre estiveron en contra de Vigo nos temas importantes” e, no caso do PP, “non teñen ningún apego á cidade”, porque os seus portavoces “veñen, perden e vanse”. “Eles seguirán cambiando, e nós continuaremos gobernando Vigo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...